Archivo del blog

miércoles, 10 de junio de 2020

VERDADEIRO OU FALSO

Bos días, pequenos e pequenas detectives!


Como todos os xoves, Dolores máis eu propoñémosvos un novo xogo. Esta semana é un pouco especial, porque será a última na que vos mandemos estos retos. Preparádevos ben, porque tedes que facelo tan estupendamente coma sempre, si?

Que hai que facer?
Aquí abaixo tedes un vídeo dunha mestra que se chama Eugenia Romero (é moi boa e ten retos ben interesantes!), no que nos vai ensinar unhas fotos. Á vez, vainos dicir algo sobre esas fotos e vós tedes que identificar se o que di é verdadeiro ou falso. Di a verdade Eugenia ou estanos intentando enganar?

Estades listos? Pois vamos alá!

ENLACE AO VÍDEO: https://youtu.be/fxQffglpZ5Q


miércoles, 3 de junio de 2020

DESCUBRIMOS

Bos días, nenos e nenas!

Como cada xoves, Dolores máis eu traémosvos un novo reto. Neste caso, un xogo para descubrir cousas e persoas escondidas, así que abride ben eses olliños.

Que tedes que facer?

Pois ben, detectives. Propoñémosvos unha serie de imaxes que tedes que investigar. Ao comezo de cada unha, na parte superior, atoparedes varios elementos que debedes que buscar na imaxe que vos damos.

Estades preparados? Vamos alá!


COMO ACCEDER?

1. Iniciade sesión en Google co voso correo electrónico de Gmail.
2. Premede na pestana azul SOLICITAR PERMISO que aparece xusto na ventá que se atopa aquí abaixo.
3. Actualizade a páxina.

martes, 26 de mayo de 2020

ESCOITAMOS E MEMORIZAMOS




Bos días, nenas e nenos!

Outro xoves máis, Dolores máis eu traémosvos un novo reto, desexando que vos guste moito.

A semana pasada quedamos encantadas co ben que fixéstedes o dos intrusos... Acertástedelas todiñas! Por iso, hoxe pedímosvos que abrades ben as orellas, porque tedes que escoitar mooooi ben o que dicimos e repitilo na mesma orde. E como cada semana comprobamos o estupendos detectives que sodes, a ver se atopades a relación que teñen entre si as palabras que vos propoñemos.

Preparados para xogar? Pois empezamos!

miércoles, 20 de mayo de 2020

INTRUSOS



Bos días, nenos e nenas.

Unha semana máis, dende o Departamento de Orientación, propoñémosvos un novo xogo. Desta volta teredes que convertervos en detectives. Non esquezades a lupa porque é preciso fixarse moito, moito!

Que tedes que facer? Pois ben, o reto consiste en averiguar que obxecto dos 4 que saen en cada foto é un INTRUSO. Primeiro nomeade todos os obxectos que vexades e logo pensade que relación teñen entre eles. Ao mellor teñen en común que son prendas de vestir, cousas que metemos na neveira, animais,... Só así conseguiredes saber cal non debería estar aí.

Estades listos? 3, 2, 1,... Adiante!



jueves, 14 de mayo de 2020

OS VOSOS TRABALINGUAS




Boas tardes, nenos e nenas!

Como sabedes, a pasada semana, Dolores máis eu (profe Alba) retámosvos a dicir uns trabalinguas ben divertidos. Uns eran doados, outros eran un pouquiño máis difíciles, pero fixéstedelos todos de marabilla!

Cando vimos os vídeos, quedamos moi sorprendidas do xenial que vos saían. Por iso quixemos crear este no que recollemos algúns dos vosos trabalinguas. 

Esperamos que vos guste moito.

Estamos moi, moi orgullosas de vós!