Bos días, nenos e nenas.
Unha semana máis, dende o Departamento de Orientación, propoñémosvos un novo xogo. Desta volta teredes que convertervos en detectives. Non esquezades a lupa porque é preciso fixarse moito, moito!
Que tedes que facer? Pois ben, o reto consiste en averiguar que obxecto dos 4 que saen en cada foto é un INTRUSO. Primeiro nomeade todos os obxectos que vexades e logo pensade que relación teñen entre eles. Ao mellor teñen en común que son prendas de vestir, cousas que metemos na neveira, animais,... Só así conseguiredes saber cal non debería estar aí.
Estades listos? 3, 2, 1,... Adiante!
No hay comentarios:
Publicar un comentario