Bos días, nenas e nenos!
Outro xoves máis, Dolores máis eu traémosvos un novo reto, desexando que vos guste moito.
A semana pasada quedamos encantadas co ben que fixéstedes o dos intrusos... Acertástedelas todiñas! Por iso, hoxe pedímosvos que abrades ben as orellas, porque tedes que escoitar mooooi ben o que dicimos e repitilo na mesma orde. E como cada semana comprobamos o estupendos detectives que sodes, a ver se atopades a relación que teñen entre si as palabras que vos propoñemos.
Preparados para xogar? Pois empezamos!